Introdución

A confluencia dunha serie de factores históricos e sociais posibilitou o nacemento, en 1938, da ONCE; unha organización senlleira, de base asociativa, sen réplica en ningún outro país. Un momento delicado da historia de España e a coraxe dunha serie de homes e mulleres que se negaron a ser marxinados sociais e reivindicaron as súas moitas capacidades, son dous dos principais elementos que contribuíron á fundación da ONCE.

A institución, ao longo destes anos, puxo en pé un sistema de servizos sociais especializados para persoas cegas que hoxe é a base para asociacións de cegos de todo o mundo e referencia obrigada para profesionais do ámbito social. Trátase dun sistema de servizos que pon o acento na rehabilitación para que as persoas cegas poidan remontar as dificultades desta discapacidade e desenvolverse tanto no plano social e laboral coma no persoal.

A autonomía persoal, a atención educativa, a normalización laboral, a accesibilidade universal son algúns dos elementos que desenvolve a estrutura de servizos da ONCE.

A simpatía da sociedade española cimenta, todos os días, a indispensable base económica desta institución, que senten moi súa. A compra por parte dos cidadáns do cupón e outros xogos de azar da ONCE fai posible a continuidade da ONCE que destina, ademais, parte da recadación cara a outros colectivos de discapacitados, a través da súa Fundación.

Compartir en: