A representación internacional
A ONCE foi un dos membros máis comprometidos coa creación, o desenvolvemento e o funcionamento da UMC (Unión Mundial de Cegos). A escala rexional europea, a ONCE seguiu unha traxectoria similar como membro da Unión Europea de Cegos, con destacados resultados sociais.
Tamén contribuíu a ONCE á creación e ao desenvolvemento da Unión Latinoamericana de Cegos (ULAC); representante dunha rexión mundial de estreita vinculación con España por razóns históricas, lingüísticas e culturais.
En 1985 creouse o Fondo de Cooperación da ONCE con Latinoamérica encargado de regular as axudas asistenciais que, en 1998, se transformou en cooperación sistematizada no ámbito da formación, e creación de emprego ao nacer a FOAL (Fundación ONCE para a Solidariedade coas persoas cegas de América Latina), que representa preto de cinco millóns de cegos e deficientes visuais nese continente.
Tamén é significativa a contribución da ONCE nas organizacións máis relevantes que representan o sector das persoas con discapacidade en xeral, por exemplo o Foro Europeo da Discapacidade.